|
Torneo Festas do Monte 2008 - Final |
|
Torneos -
Festas do Monte
|
|
Escrito por Avelino Domínguez
|
|
Luns, 11 de Agosto do 2008 |
|
O pasado sábado día 9 de Agosto disputouse a oitava edición do Torneo Festas do Monte. Nel participaron uns 60 xogadores de toda Galicia. Foi unha tarde moi tranquila e agradable para xogar o xadrez e a diferencia de outros anos non fixo tanta calor. Víronse partidas moi interesantes e foi un torneo moi disputado. Unha proba do disputado que foi o torneo é que a clasificación final foi encabezada por 4 xogadores con 6 puntos cada un. O final os sistemas de desempate decidiron o gañador, que nesta edición foi Xoel Pérez Mauricio.
|
|
Ler máis...
|
|
Presentación do VIII Torneo de Xadrez Festas do Monte |
|
Torneos -
Festas do Monte
|
|
Escrito por Avelino Domínguez
|
|
Sábado, 26 de Xullo do 2008 |
|
O vindeiro sábado día 9 de Agosto celebraremos o VIII Torneo de Xadrez Festas do monte, organizado polo Club de Xadrez Albatros de A Guarda coa colaboración da comisión de Festas. Un ano máis agardamos que moitos xogadores se acheguen a este tradicional torneo do verano en Galicia. Estades todos invitados a acudir independentemente do nivel axedrecístico. Máis información en Ler máis.
|
|
Ler máis...
|
|
Resumo dos trípticos "Campións do mundo" |
|
AdestramentoPsicolóxico -
Adestramento Psicolóxico
|
|
Escrito por Avelino Domínguez
|
|
Domingo, 06 de Xullo do 2008 |
|
Como finalización da temporada por parte da Escola de Xadrez Albatros vamos a publicar un artigo onde poden descargarse tódolos ficheiros en formato pdf que se empregaron ao longo do ano, que forman parte da colección "Campións do Mundo". Estes ficheiros poden descargarse por calquera persoa que o desexe. Son de uso libre.  A seguir aparece un listado ordeado por meses, dos trípticos, así como un ficheiro ao final onde podes atopar tódolos pdfs empregados para descarga única.
|
|
Ler máis...
|
|
Escola de Xadrez Albatros. Clausura do Curso 2007/08. |
|
Escola de Xadrez -
Escola de Xadrez
|
|
Escrito por Daniel Lomba Alonso
|
|
Domingo, 29 de Xuño do 2008 |
|
A Escola de Xadrez Albatros de A Guarda despediu a presente tempada o pasado sábado día 28 de Xuño, cunha pequena xuntanza e celebración dun Torneo Interno de Xadrez entre tódolos alumnos da Escola.  Este ano superamos os corenta rapaces, é un ano máis, temos o pracer de sinalar que imos batendo o noso teito en número de alumnos en cada edición.
|
|
Ler máis...
|
|
"Campións do Mundo: Jose Raúl Capablanca" |
|
AdestramentoPsicolóxico -
Adestramento Psicolóxico
|
|
Escrito por Daniel Lomba Alonso
|
|
Sábado, 21 de Xuño do 2008 |
|
O Sábado 21 realizamos a derradeira entrega da serie “Campións do Mundo”. Nesta ocasión, e para pecha-la edición deste Curso Escolar o elixido foi José Raúl Capablanca. Este xogador, como posuidor do Campionato do Mundo de Xadrez, xa é un referente dentro do xogo, sen embargo, o que fai especial a Capablanca é que dentro da elite do xadrez mundial foi un pioneiro tanto nos apectos técnicos do xogo coma dos tácticos. Por iso non é estraño ver en partidas de Grandes Campións coma Fischer ou Kasparov, aspectos do xogo deste Grande Mestre.
|
|
Ler máis...
|
|
XXII Aberto Escolar de Xadrez Josefa Alonso |
|
Novas Escola -
Novas Escola
|
|
Escrito por Daniel Lomba Alonso
|
|
Domingo, 15 de Xuño do 2008 |
|
O pasado día 14 celebrouse nas instalacións do Colexio Josefa Alonso de Vigo o XXII Aberto Escolar de Xadrez, posiblemente a cita máis veterana do xadrez vigués.
Con este motivo a Escola de Xadrez Albatros realizou a súa segunda saída escolar cun grupo de vintecatro alumnos, converténdose na expedición máis numerosa do Torneo.
|
|
Ler máis...
|
|
"Campións do Mundo: Alexander Alekhine" |
|
AdestramentoPsicolóxico -
Adestramento Psicolóxico
|
|
Escrito por Daniel Lomba Alonso
|
|
Sábado, 31 de Maio do 2008 |
|
Alexander Alekhine foi un dos grandes da Historia do Xadrez. Destacou no seu xogo o desenvolvemento dunha táctica esquisita, que aínda hoxe protagoniza gran parte dos exercicios que se estudian nas Escolas.  Este Grande Mestre tivo unha vida moi axetreada e chea de contratempos, entre outros, pasou por dúas Guerras Mundiais, e tamén, foi de ser un heróe na Rusia Zarista, a perseguido e represaliado. Toda unha vida, que rematou na localidade de Estoril, a beira dun taboeiro de xadrez....
|
|
Ler máis...
|
|
Xuño, mes adicado a José Raúl Capablanca |
|
Escola de Xadrez -
Escola de Xadrez
|
|
Escrito por Avelino Domínguez
|
|
Domingo, 01 de Xuño do 2008 |
|
Trala entrega do tríptico adicado a Alekhine, este mes de xuño o adicaremos o seu gran rival, José Raúl Capablanca. Desta maneira daremos por finalizado a primeira entrega de "Campións do Mundo", unha colección adicada algúns dos Grandes Xogadores da Historia do Xadrez ós que quixemos rendir unha pequeña homenaxe.
 Logo da entrega do tríptico ós nenos escribiremos un pequeno resumen do traballo desenvolvido, así como os obxetivos acadados con esta iniciativa. Ademáis nese mesmo artigo enlazaremos a tódolos trípticos en formato pdf que fomos facendo dende Outubro ata Xuño, e estará a disposición libremente de calquera que visite esta páxina web. Lembrar, por último, que existen nesta web partidas de Capablanca, en concreto na zona de descargas pódense descargar as partidas do enfrentamento contra Alekhine de 1926.
|
|
|
XX Abierto Escolar Peón de Oro |
|
Novas Escola -
Novas Escola
|
|
Escrito por Daniel Lomba Alonso
|
|
Luns, 19 de Maio do 2008 |
|
A pasada fin de semana do 17 e 18 de maio, realizamos a nosa primeira saída escolar do ano 2008, o “Abierto Escolar Peón de Oro”, sendo unha das nosas citas habituais da tempada, e con esta, a sétima edición consecutiva a que acudimos. Tódolos anos, dende hai vinte, dispútase en Mondariz-Balneario, nas instalacións do Colexio Marcote e o Hotel Cemar este Torneo, un dos máis importantes do panorama axedrecístico español de base, de carácter internacional, e no que se soe reunir unha gran cantidade de xogadores, e por suposto, entre eles algúns dos mellores talentos de cada categoría.
|
|
Ler máis...
|
|
|
VIII Torneo de Xadrez Concello de A Guarda |
|
Torneos -
Torneo Concello de A Guarda
|
|
Escrito por Daniel Lomba Alonso
|
|
Domingo, 11 de Maio do 2008 |
|
A Oitava edición do Torneo de Xadrez Concello de A Guarda, reuniu a máis de cento corenta xogadores de tódalas idades e niveis, e das catro provincias galegas e un ano máis supuxo a festa do xadrez na Guarda. Antes de presentarvos os resultados, manifestar o máis sinceiro agradecemento ós cento trintecinco xogadores que remataron a Competición e ós acompañantes de tódolos rapaces que xunto coa organización, nos axudan a converter o noso Torneo nunha festa, máis alá da mera competición.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 30 de 70 |