Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

            O pasado sábado día 29 celebramos a Segunda edición do Torneo Interno de Xadrez. Neste segundo ano consolidouse esta cita, que agardamos se estableza como definitiva nos vindeiros anos.  

torneo nadal 2007

             Máis que un evento competitivo, o Torneo pretende ser unha xuntanza de tódolos xogadores e simpatizantes do Club de Xadrez Albatros e da Escola de Xadrez, e un día de festa onde o protagonista é o Xadrez e os alumnos da Escola principalmente. A Escola de Xadrez Albatros conta na actualidade con trinta e oito alumnos, e dito Torneo xurdiu da idea de homenaxear os rapaces que cada sábado participan nas clases. Nesta edición xuntáronse cincuenta xogadores, que disputaron seis partidas cada un o longo de todo o día. 

            Dende a Escola de Xadrez Albatros, coma organizadora do evento, queremos felicitar a tódolos xogadores pola súa participación, os seus familiares e achegados pola atención prestada, o presidente da Sociedade Recreo Artístico Guardés, D. Anselmo, pola súa sempre grata atención, os patrocinadores do Torneo, Santa Tecla Inmobiliaria S.L., e AXA Seguros, e o Concello da Guarda, e os responsables de Cultura e Deporte, polo apoio institucional, e a presencia de todos na entrega de trofeos.

          Finalmente desexarvos un bo nadal e un moi ilusinante 2008.

 

Clasificación finais segundo a categoría:  

  • SUB 10 Daniel Lomba AlonsoNéstor Lomba LombaAntonio Cernadas Garrido 
  • SUB 12 Ángel Rodríguez Reboredo Roberto González RodríguezSabela Mouriño Lomba 
  • SUB 14 Antonio Castro Alonso Germán Vilaplana BazSaúl Díaz Rodríguez
  • XOGADORES NON FEDERADOS Antonio Mouriño Lomba Ramón Bello BlancoAntonio Cernadas Vázquez
  • XOGADORES ACD ALBATROS Avelino Domínguez GonzálezSergio Lomba GonzálezIsidro Luis Durán Rodríguez

Clasificacións completas:

 

Album de fotos:

 

 

Nota: Se algún pai ou xogador do clube ten fotos do Torneo de Nadal pode porse  en contacto con Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e enviarlle as fotos que teña que serán todas elas publicadas.

Modificado o ( Martes, 21 Xullo 2009 18:08 )