Escola Xadrez
Historia
Artículos
Buscador
| VIII Torneo de Xadrez Concello de A Guarda |
|
|
|
| Escrito por Daniel Lomba Alonso | |||||||
| Domingo, 11 Maio 2008 13:20 | |||||||
|
A Oitava edición do Torneo de Xadrez Concello de A Guarda, reuniu a máis de cento corenta xogadores de tódalas idades e niveis, e das catro provincias galegas e un ano máis supuxo a festa do xadrez na Guarda. ![]() Antes de presentarvos os resultados, manifestar o máis sinceiro agradecemento ós cento trintecinco xogadores que remataron a Competición e ós acompañantes de tódolos rapaces que xunto coa organización, nos axudan a converter o noso Torneo nunha festa, máis alá da mera competición. A categoría Pre-benxamín foi dominada por Gabriel Roma B Os Benxamíns tamén tiveron o seu claro dominador en Antonio Salas Fernández (Escola de Xadrez de Ponteareas), con sete puntos. Seguido do xogador local Daniel Lomba González (ACD Albatros), e de María González Lorenzo (Club de Xadrez Vila de Bouzas de Vigo). Carlos Reboredo Diego, fíxose co trofeo de mellor xogador Albatros. Os Alevíns foron testemuñas da disputa a dúas bandas entre Vince A categoría infantil, co permiso da Absoluta, protagonizou os enfrontamentos máis espectaculares da xornada, estivo moi apertada e disputada dende o seu inicio, e como reflexo, sinalar que os tres xogadores que alcanzaron o podium obtiveron a mesma puntuación. Javier Barral Lijó, David Gómez Diéguez (Club de Xadrez Ourense) e Iago Barral Castro (Club de Xadrez Karpov de Pontevedra), con 5.5 puntos cada un, obtiveron as tres primeiras posicións. Sergio Lomba González, que tamén participou na disputa da primeira posición, finalmente fíxose co título de mellor xogador local, coa súa sexta posición. A categoría Absoluta, nunha edición máis, foi un espectáculo A cerimonia de entrega de Trofeos é Agasallos, estivo presidida por Finalmente, agradecer a tódolos patrocinadores e colaboradores que nos apoiaron este ano, proporcionando os recursos económicos, os agasallos e apoio loxístico necesario para levar a cabo unha actividade coma esta. Tamén facer una mención especial a tódolos xogadores da Escola de Xadrez Albatros, que colaboraron na montaxe e realización do Torneo. No nome de Rafael Alonso Gómez (Árbitro da Categoría Absoluta) e no meu, Daniel Lomba Alonso (Arbitro das Categorías Base), agradecervos a vosa participación, e vémonos o ano que vén. Un saúdo moi cordial para todos.
Powered by !JoomlaComment 3.26
3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."
|
|||||||
| Modificado o ( Martes, 20 Maio 2008 14:23 ) |





