Avaliación do usuario: / 11
RuínMellor 

            O pasado sábado 6 de xuño clausurouse a novena edición do "Curso de Iniciación e Perfeccionamento de Xadrez" impartido ó longo deste Curso Académico 2008/09, na Escola de Xadrez Albatros.

            Un ano máis queremos agradecer dende o Equipo Pedagóxico da Escola a participación de tódolos alumnos (rapaces e adultos), o entusiasmo e ilusión que se demostrou e as mostras de agarimo que nos amosades durante o Curso.

  

          Nesta ocasión a despedida coincide cun troco de Ciclo dentro da Escola. Por circunstancias persoais e laborais, o Equipo Pedagóxico formado por Rafa Alonso, Avelino Domínguez e Daniel Lomba, vémonos obrigados a elixir outros camiños que non sempre poderían compatibilizarse coa labor na Escola, daquela, atendendo a responsabilidade que sempre nos dirixiu no desenvolvemento deste proxecto deixaremos que sexan outros que recollan a nosa pequena aportación e a leven a bo término no vindeiro Curso.

           Nin que dicir ten, o orgullosos que nos sentimos de tódolos rapaces e adultos que neste ano nos acompañaron e o moito que desfrutamos tanto nas clases coma na competición. De igual maneira, que o longo destes nove anos de camiño desigual, pero onde nos quedaremos cos bos momentos, cos moitos rapaces que se incorporaron o proxecto, tamén aqueles que aínda que xa non están foron partícipes da nosa idea. Tamén nos compracemos de todos aqueles que dalgunha maneira participaron e participan dos moitos Torneos celebrados e organizados (Torneo Concello de A Guarda, Torneo de Nadal, Torneo Festas do Monte, Torneo nocturno Café-Trastévere,…), dos desprazamentos escolares a diferentes competicións (Torneo Peón de Oro, Torneo Colexio Josefa Alonso, Liga Galega de Xadrez, Campionatos Galegos,…), a edición do vídeo “Educando co Xadrez” de Xurxo González, a posta en marcha e desenvolvemento da web do Club (www.xadrezalbatros.com), a edición e publicación dos trípticos da Serie “Campións do Mundo”, o Curso de Xadrez para Adultos,os seis equipos que representaron o Club na Liga Galega de Xadrez, e tantos proxectos e actividades das que somos todos protagonistas, os rapaces, os pais e acompañantes, a xente que traballa no Club e os encargados da Escola. 

          Todo iso seguirá, porque as persoas pasan pero as obras permancen...

                                                                                                                                                          

         ….Grazas a todos.

 

 

 

O album de fotos podes atopalo nesta dirección --> fin de curso 2009.

 

        

.
.
.
.
 .
 .
.

Modificado o ( Luns, 22 Xuño 2009 19:30 )