XXIII Torneo de Xadrez Colegio Josefa Alonso
O pasado sábado día 13 celebrouse nas instalacións do Colexio Josefa Alonso de Vigo o XXIII Aberto Escolar de Xadrez, e un ano máis non podíamos perde-la saída escolar máis familiar e popular das que facemos cos rapaces na Escola.
Con este motivo a Escola de Xadrez Albatros desprazou a quince xogadores, sendo una ano máis a expedición máis numerosa do Torneo.
O Aberto Escolar de Xadrez Fin de Curso Colexio Josefa Alonso é, e seguirá sendo, unha desas datas que temos marcadas no calendario na Escola, por tradición, bo facer e coidado dos xogadores. Daquela, queremos felicitar a Organización, e na súa representación a Manuel pola súa boa disposición hacia os rapaces e os delegados dos Clubs.
En canto os resultados obtidos polo rapaces da Escola, de novo temos que felicitarnos un ano máis, xa que os rapaces confirmaron que éste é un Torneo que se lle da ven ós xogadores do Club de Xadrez Albatros. Na categoría Pre-benxamín, fíxose coa primeira posición, a xogadora Mireya Represa Pérez (Club de Xadrez Laroca, Nigrán), que acadou cinco victorias, igual que o segundo clasificado Cibrán Álvarez Castaño (Club de Xadrez Laroca, Nigrán). Con catro puntos e na terceira praza do podium Mateo Vilaplana Baz (Escola de Xadrez Albatros). A participación da Escola pechouna Elsa Pena Vicente (8º, 0,5 ptos), a máis benxamina de toda a expedición.
Os Benxamín tiveron un dominador claro do noso xogador Néstor Lomba Lomba (Escola de Xadrez Albatros), completando unha actuación estelar cun total de seis puntos nas seis roldas disputadas, e repetindo Título que xa o ano pasado acadara na Categoría Pre-Benxamín. A segunda posición acadouna Cristián Morais Mayor (Club de Xadrez Laroca, Nigrán), claro beneficiado nos desempates xa que con catro puntos finalizaron ata catro xogadores ata a quinta posición. O podium pechouno na súa terceira posición Paula da Rocha Prol (Club de Xadrez Laroca, Nigrán). A participación da Escola completárona Antonio Cernadas Garrido (4º, 4 ptos), Carlos Reboredo Diego (6º, 3 ptos) e Héctor Verde Lomba (8ª, 2,5 ptos).
Finalmente, na Categoría Infantil destacadísima actuación dos xogadores na Escola nun grupo competitivo de moito nivel e moi competitivo. Coa victoria alzouse Sergio Lomba González (Escola de Xadrez Albatros), con 5,5 ptos, moi merecido e traballado triunfo. A segunda posición foi para Javier Domínguez Carnero (Escola de Xadrez Lucena, Vigo), 5 ptos, e na terceira posición, tras unha brillante actuación, Antonio Castro Alonso (Escola de Xadrez Albatros), 4 ptos. A cuarta posición para Ángel Rodríguez Reboredo (Escola de Xadrez Albatros) e finalmente, Saúl Díaz Rodríguez (7º, 2 ptos), completaron a participación da Escola na Categoría e no Torneo en xeral.
Noraboa a tódolos participantes, e moitas felicidades os premiados das diferentes categorías. E agardemos que esta data competitiva se manteña no Calendario a pesares das dificultades que sabemos coas que contan, pero que veñen solventando ano a ano.
Felicidades a tódolos xogadores da Escola de Xadrez Albatros, os seus acompañantes, un triunfo do Xadrez de A Guarda, e un motivo do orgullo para tódolos membros desta gran familia que ven sendo o Club de Xadrez Albatros.
O album de fotos está na seguinte dirección --> matama 2009.
| < Anterior | Seguinte > |
|---|
Modificado o ( Martes, 21 Xullo 2009 23:08 )




