Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 
        Dende o mes de Setembro iniciamos as clases de Xadrez. O día 7 de Outubro celebramos o inicio oficial da Tempada 2006-2007. Neste presente ano comezamos cun total de trinta rapaces, aínda que hai previsións de novas incorporacións.  O responsable da Escola de Xadrez é Daniel Lomba Alonso, compatibilizando as labores como monitor, xunto con Rafael Alonso Gómez, e Avelino Domínguez González, que cumpre o seu segundo ano como profesor.

 

 

        O longo do ano desenvolverase o programa de aprendizaxe planificado polo equipo técnico do Club, onde traballaremos técnica, táctica e estratexia no xogo, ademáis de preparar a planificación competititva correspondente. Este ano tamén traballaremos o adestramento psicolóxico, que tan bos resultados está dando nas últimas tempadas. O grupo de alumnos estructurase en tres niveles de coñecemento:

  • Grupo Iniciación: rapaces entre 6 e 8 anos.
  • Grupo Perfeccionamento: rapaces entre 8 e 13 anos.
  • Grupo Avanzado: rapaces entre 11 e 17 anos.

     O longo da tempada celebraranse varias reunións cos pais para planificar as saídas e participacións dos rapaces nas distintas competicións. Temos previsto participar na liga galega federada con catro equipos, ACD Albatros B e C, na terceira división rexional, en ACD Albatros D e E, na cuarta rexional. Ademáis, das habituais saídas a Mondariz, (Peón de Oro), Vigo, (Torneo Josefa Afonso), e a participación nos Torneos Concello de A Guarda e no Torneo Festa do Monte. Ademáis, este ano recuperamos o Torneo de Nadal, pendente de confirmar a data. 

    As clases impartiranse un ano máis nas instalacións do antigo Colexio Manuel Rodríguez Sinde. Pese os sucesivos intentos para conquerir unhas novas instalacións que se adecuen mellor  o grupo de alumnos, unha ano máis carecemos de infraestructuras e agardamos que por parte das institucións unha solución, pero parece que todo vai bastante lento neste aspecto.

    Rematamos, mostrando a nosa gratitude os rapaces e os seus pais que un ano máis concedennos a súa confianza, e damos a benvida as novas incorporacións que agardamos particpen da actividade durante moitos anos.

        Un ano máis, con moita ilusión e traballo, recibide un coridal saúdo.

Daniel Lomba Alonso. (Reponsable da Escola Xadrez Albatros,  A Guarda).

 

 

 

 

Modificado o ( Domingo, 21 Setembro 2008 15:02 )