Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

            A Escola de Xadrez Albatros de A Guarda despediu a presente tempada o pasado sábado día 28 de Xuño, cunha pequena xuntanza e celebración dun Torneo Interno de Xadrez entre tódolos alumnos da Escola.

  Image

            Este ano superamos os corenta rapaces, é un ano máis, temos o pracer de sinalar que imos batendo o noso teito en número de alumnos en cada edición.

            Dende a Asociación Cultural-Deportiva Albatros, e a Escola de Xadrez Albatros en particular, queremos agradecerlle á Sociedade “Recreo Artístico Guardés”, e persoalmente o seu presidente Anselmo, a posibilidade que nos brindou de utiliza-las súas instalacións e a atención prestada en todo momento. 

Image

           Lembramos a tódolos rapaces e os pais que reanudaremos as clases o Sábado 20 de Setembro, nas instalación da Sociedade Artístico Guardés,  e que é moi importante a asistencia dende o primeiro día xa que unha vez saibamos de cantos xogadores dispoñemos faremos a distribución dos grupos por niveis.

Image  

            Agradecervos a tódolos nenos o bo ambiente e ilusión coa que participástedes nas clases, as gañas de aprender e de superarse día a día. Sen embargo, este ano non quero deixar pasar a oportunidade de felicitar os nosos xogadores polos seus logros competitivos, tanto de modo individual, onde se lograron numerosos podiums e triunfos en Torneos da provincia de Pontevedra e de Ourense, coma os alcanzados a nivel de Club, co Título de Campións de Liga na Cuarta División Galega, do Albatros D, o terceiro posto conquerido nesa mesma categoría polo Albatros E, e o ascenso do Albatros B á Segunda División da Liga Galega, onde mantivo a categoría este ano o Albatros A. Lembrando que os triunfos non nos deben quitar nin a ilusión nin as gañas de seguir aprendendo cada día, nin a humildade e respecto ós nosos rivais, que en realidade o que son é compañeiros de competición.

Image  

            Tamén agradecer ós pais a confianza que poñedes en Avelino, Rafa e Daniel, o que suscribe, e que saibades que o ano que ven tentaremos mellorar un pouco máis tanto a dinámica como o nivel de ensinanza. Xa estamos a traballar no proxecto do Curso que ven, e non descartamos algunha sorpresa que involucre máis o entorno familiar dos rapaces.

Grazas a todos e vémonos en Setembro.

  Image

                                                                                  

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Modificado o ( Domingo, 21 Setembro 2008 14:58 )