XX Abierto Escolar Peón de Oro PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Luns, 19 Maio 2008 13:21

A pasada fin de semana do 17 e 18 de maio, realizamos a nosa primeira saída escolar do ano 2008, o “Abierto Escolar Peón de Oro”, sendo unha das nosas citas habituais da tempada, e con esta, a sétima edición consecutiva a que acudimos. 

 

ESCOLA XADREZ ALBATROS

        Tódolos anos, dende hai vinte, dispútase en Mondariz-Balneario, nas instalacións do Colexio Marcote e o Hotel Cemar este Torneo, un dos máis importantes do panorama axedrecístico español de base, de carácter internacional, e no que se soe reunir unha gran cantidade de xogadores, e por suposto, entre eles algúns dos mellores talentos de cada categoría. 


A Escola de Xadrez Albatros, foi unha das delegacións máis numerosas, e en total participaron por parte do Club vinteún rapaces, con representación en tódalas categorías, salvo na exigua xuvenil, que nesta edición tan só reuniu a trece xogadores. Tras dous días de competición e dez roldas os resultados dos nosos pupilos foron como seguen.

A categoría pre-Benxamín, que se estrenaba nesta edición reuniu a un total de 54 xogadores. Néstor Lomba Lomba, (6 ptos, 13º posto), tivo posibilidades de podium ata a penúltima rolda, Xavier Rodríguez Santoke (5 ptos, 27º posto) na súa primeira participación, e Carlos Verde Santiago (4,5 ptos, 33º posición posto), foron os nosos representantes na categoría que dominou Blanca de la Peña García con nove puntos dos dez en disputa.

prebenxamin albatros

Os Benxamíns, Daniel Lomba González (6,5 ptos, 18º posto), Carlos Reboredo Diego (5 ptos, 42º posto), Antía Mouriño Lomba (5 ptos, 46º posto), Antonio Cernadas Garrido (4 ptos, 57º posto), fixeron un bo papel. O campión da categoría foi Antonio Salas Fernández, (8,5 ptos), dun total de 81participantes. Gañador do VIII Torneo Concello de A Guarda, a semana anterior.

benxamin albatros

A representación Alevín estivo conformada por Ángel Rodríguez Reboredo (6,5 ptos, 23º posto), Sabela Mouriño Lomba (6 ptos, 34º posto), Roberto González Rodríguez (5,5 ptos, 43º posto), Sergio González Correa (3 ptos, 93º posto), nesta categoría o vencedor foi Joao Vasco Vicente (8,5 ptos) dun total de 106 participantes.

alevin albatros

A delegación máis numerosa da Escola a formaron os Infantís, cun total de sete participantes: Sergio Lomba González (7 ptos, 8º posto), que disputou unha gran competición, tendo opcións de podium ata o final e enfrontándose os mellores xogadores da categoría, Iván Verde Martínez (6 ptos, 28º posto), Germán Vilaplana Baz (5,5 ptos, 31º posto), Antonio Castro Alonso (5 ptos, 47º posto), Saúl Díaz Rodríguez (5 ptos, 49º posto), Guillermo Verde Santiago (4,5 ptos, 53º posto), e Nicola Pereira Heesakkers (2 ptos, 79º posto). O gañador da categoría infantil foi Enrique Tejedor Fuentes (10 ptos) dun total de 82 participantes.

infantil albatros

A categoría Cadete estivo representada por Sara Rodríguez Reboredo (5,5 ptos, 28º posto), Rubén González Rodríguez (5 ptos, 32º posto), Alfonso Español Losada (2 ptos, 60º posto), aínda que este último non disputou a xornada do domingo. O gañador foi Miguel Senlle Caride (8,5 ptos) dun total de 63 participantes.

cadete albatros

Un ano máis, o Peón de Oro, reuniu ós mellores xogadores do ámbito español, sen embargo, hai que destacar que a participación baixou en términos xerais.

torneo peon de oro 2008

Os nosos xogadores, un ano máis, rozaron o podium nalgunha das categorías, pero tendo presente o nivel e calidade dos participantes podemos estar orgullosos da súa loita e sacrificio en cada partida. Ano tras ano, observamos que vai incrementando o nivel do xogo nos nosos alumnos, e quen sabe, quizais o ano que ven...

Saúdos a todos, e ánimo para a próxima.

ALBUM DE FOTOS DO TORNEO AQUI

Comentarios
Añadir nuevo Buscar
Escribir comentario
Nombre:
Email:
 
Website:
Título:
Código UBB:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch:
:(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s
:!::?::idea::arrow:
 

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

Modificado o ( Luns, 19 Maio 2008 18:38 )