Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

               A derradeira xornada da Liga non deparou sorpresas para os conxuntos do Club de Xadrez Albatros. Final de Campeonato tranquilo para tódalas seccións, cos obxectivos cumpridos dende hai varias xornadas.  

              

                Na segunda división repetíronse os resultados que veñen sendo habituais nas últimas xornadas.

Daquela o Equipo A, acadou un empate na súa visita ó Liceo de Ourense, con victorias de Ángel e Avelino, e derrotas de José e Isidro. Por parte do Equipo B, refrendouse o bo final de tempada que vai facer que se sitúen na metade da táboa clasificatoria. Victorias de Rubén González, Daniel Lomba e Jesús Lomba, e táboas de Sergio Lomba ante os pontevedreses de Academia Copérnico.

            Na terceira división, continuidade do bo nivel mostrado polo Equipo C, cun empate diante do Helios-Bembrive, e unha finalización sen maior novidade por parte do Equipo D, que no seu rol de simple participación na categoría, non poido puntuar diante do CEMAR, un dos equipos que ascenderá este ano neste grupo.Finalmente a Liga remata, e porque non dicilo, con moi bos resultados e boas expectativas de cara o ano vindeiro. Por unha banda, o Equipo B, refrendouse coma unha proposta consolidada de cara non só a mante-la categoría, senón con aspiracións ó ascenso, se se incorporan un par de xogadores que consoliden ó grupo. Non se descarta que entre o A e o B, se forme o ano que ben un conxunto de garantías para tentar subir de categoría. Por parte de Equipo A, repetíuse o guión de anteriores tempadas, sen apenas dificultades para mante-la categoría máis alá dos problemas de conformar unha alineación completa en cada xornada.

           Na terceira categoría, os obxectivos tamén se poden considerar acadados, xa que se  ven non houbo opción ó ascenso por parte do Equipo C, isto se debeu en boa parte a dificultade de conformar un grupo estable ó longo da tempada. Pero tanto no Equipo C coma no D, aqueles xogadores que se mantiveron fieis ó equipo, e que ademáis, tiveron a oportunidade de xogar cos equipos A e B, na segunda división, o vindeiro ano formarán dentro dos conxuntos que participaran nesta categoría.

            Nada máis que engadir, que o xa comentado triunfo dos Equipo E na categoría cuarta e a participación de case que corenta xogadores nas seis seccións que o ACD Albatros presentaba esta tempada na Liga Galega de Xadrez, xa é un triunfo para un Club que fronte os seus modestos recursos, aplica moito traballo e adicación en cada un dos seus membros. 

   SEGUNDA DIVISIÓN  GRUPOS C e D  PONTEVEDRA XORNADA 13  

RONDA 13 (25/04/2009) GRUPO D
Equipo local Resultado Equipo visitante
LICEO DE OURENSE "B" 2 - 2 XADREZALBATROS.COM "A"
LUCENA "A" 1,5 - 2,5 LAROCA- NIGRÁN "A"
E.X.P. "A" 4 - 0 MOSEFESA & THE WAILERS
VILLA DE BOUZAS "A" 2 -  2 JORGE CUÑA
FRANOUREN LOUREIRO "A" 1 - 3 ATENEO DE OURENSE
CORREDURÍA TEMPU- ALEKHINE 3,5 - 0,5 INFORTUI "B"
HELIOS-BEMBRIVE "A" 0,5 - 3,5 XADREZ OURENSE XUVENIL
    
RONDA 13 (25/04/2009) GRUPO C
Equipo local Resultado Equipo visitante
PADRÓN "B" 2 - 2 E.X.P. "B"
CXF-A MARINA 3 - 1 CHIGORÍN
CLUB XADREZ BUEU "B" 0,5 - 3,5 MARÍN "A"
FISCHER "B" 2,5 - 1,5 ACADEMIA ENOT - CABALLO DE TROYA
XADREZALBATROS.COM "B" 3,5 - 0,5 ACADEMIA COPÉRNICO
LAROCA- NIGRÁN "B" 0,5 - 3,5 A.C. A ESTRADA "A"
CLUB ALBARIÑO 1 - 3 XADREZ OURENSE JUNIOR
     TERCEIRA DIVISIÓN  GRUPO I  PONTEVEDRA SUR XORNADA 13  
RONDA 12 (18/04/2009)
Equipo local Resultado Equipo visitante
LUCENA "B" - O.N.C.E. "B"
XADREZALBATROS.COM "D" 0 - 4 CEMAR
LAROCA- NIGRÁN "C" 1 - 3 A. COMPARSA TERRA DE CONDES
XADREZ ALTAMIRA 2 - 2 O.N.C.E. "A"
VILLA DE BOUZAS "B" 1 - 3 PUB JJ COPAS-XADREZ PONTEAREAS "B"
HELIOS-BEMBRIVE "B" 2 - 2 XADREZALBATROS.COM "C"
   Tódolos resultados incompletos están pendentes de actualización por parte da Federación Galega de Xadrez.Máis información en www.fegaxa.org  

Modificado o ( Luns, 21 Decembro 2009 19:24 )