O Club de Xadrez Albatros B, Campión de Liga na Terceira Galega PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Sábado, 05 Abril 2008 15:56

          O ACD Albatros B, rematou Campión de Liga no Grupo J da Terceira Galega, cos mesmos puntos que o segundo equipo de Laroca-Nigrán, pero beneficiado do desempate.

Albatros B Campións 

Xa no enfrontamento entre os dous equipos na cuarta xornada o Albatros B fíxose co match por 3 a 1. Tras unha tempada chea de emoción onde ambos conxuntos mostráronse moi superiores ás demais formacións, e onde o mínimo tropezo ía dar o Campionato ó rival, o ACD Albatros B, alcanzou a merecida primeira posición e con ela o dereito ó ascenso, polo que na tempada 2009 o Club de Xadrez Albatros terá por primeira vez na súa historia dous equipos na Segunda División Galega de Xadrez, onde milita dende hai tres tempadas o ACD Albatros A.

          A Segunda Galega consta de catro grupos correspondentes a outras tantas zonas de Galiza, de catorce equipos cada un, coa salvedade de que equipos pertencentes ó mesmo Club non poden compartir grupo, polo que é presumible que un dos conxuntos xogue no grupo da zona de Ourense, e outro na de Pontevedra. Outro dos aspectos importantes, é que este logro, é en boa medida, froito do traballo de canteira que se ven de desenvolver na Escola de Xadrez Albatros xa que o peso do ascenso o levaron xogadores saídos directamente da Escola.

          Finalmente, tamén destacar o bo papel do ACD Albatros C, que alcanzou a cuarta plaza no Grupo K da Terceira Galega, moi meritoria, e poñendo constancia que a canteira do Club de Xadrez Albatros está a vivir un dos seus mellores momentos competitivos. 

 

 

3ª División, Grupo J 

 

PostoEquipoPuntosSonnenPartidas
ACD Albatros B 30 4759
Laroca-Nigrán B 30 440.59
ONCE - Vigo 22.5 273.25 9
Lucena B 20.5 320.259
Villa de Bouzas A 18212.5
Alekhine-Tempu C 17.5215 8
Terra de Condes 16191.758
Villa de Bouzas C 11 147.5 9
Helios-Bembrive B 793.25 9
10º Lucena D 3.5 38 9
   
ACD Albatros B
Local de xogo: Antiguo Colexio M. Rodríguez Sinde
Puerto Rico s/n (A GUARDA)
Delegado: Daniel Lomba Alonso
OrdeLicenciaXogadorFIDEFEDA
11715Rubén González Rodríguez  
21714Sara Rodríguez Reboredo 1365
32362Sergio Lomba González 1505
42359Alfonso Español Losada  
53659Antonio Jesús Lomba Baz  
61717Daniel Lomba Alonso  

 

 

  

3ª División, Grupo K 

PostoEquipoPuntosSonnenPartidas
Lucena A 28 440.25 9
Laroca-Nigrán D 24 344.5 9
CEMAR 23.5 325.75 9
ACD Albatros C 21.5 362.5 9
Ponteareas B 21 322.75 9
Lucena C 16.5 267.25 8
Santiago Apóstol A 15 229 9
Villa de Bouzas B 11.5 192.5 9
Laroca-Nigrán C 9.5 122.25 9
10º Teis-Amesal B 5.5 75.75 8
  
ACD Albatros C
Local de xogo: Antiguo Colexio M. Rodríguez Sinde
Puerto Rico s/n (A GUARDA)
Delegado: Daniel Lomba Alonso
OrdeLicenciaXogadorFIDEFEDA
13662David Estévez Martínez  
23661José Quintas Alonso  
31889Germán Vilaplana Baz  
42725Angel Rodríguez Reboredo  
52937Sabela Mouriño Lomba  
62938Saúl Díaz Rodríguez  
 
Comentarios
Añadir nuevo Buscar
Escribir comentario
Nombre:
Email:
 
Website:
Título:
Código UBB:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch:
:(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s
:!::?::idea::arrow:
 

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

Modificado o ( Mércores, 09 Abril 2008 20:37 )