Club de Xadrez Albatros Campión de Liga 2008 Cuarta División Galega PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Domingo, 27 Xaneiro 2008 18:10

          O Club de Xadrez Albatros D ven de facerse co Campionato de Liga 2008 na Cuarta Categoría Galega de Xadrez.

Albatros D campions pontevedra sur

        A Cuarta Galega é unha categoría orientada a formación de xogadores na competición, e sobretodo ten un carácter de aprendizaxe. Polo tanto, sen perder nunca de vista este obxectivo, temos que felicitarnos polo Campionato realizado polos nosos rapaces, que tras un emocionante final disputado co Santiago Apóstol B, fixéronse co Título de Liga. 

          A Cuarta división consta de dous grupos pechados de competición, A e B, que proclaman campión o vencedor da mesma, sen ter merecemento a ascensos nin descensos, xa que a identidade desta categoría e dar unha oportunidade de competir en equipo a rapaces que se inician no xogo.

          A segunda xornada da Liga, celebrouse nas instalacións da AAVV Doutor Fleming en Vigo e constaba de seis roldas. Os dous equipos de cabeza trala disputa da primeira xornada en A Guarda, mantiveron un pulso pechado obtendo a máxima puntuación, catro puntos, en cada rolda. Sen embargo, cando todo parecía inclinarse ó Santiago Apóstol B que mantiña unha ventaxa de dous puntos con respecto ós guardeses, merced a rolda de descanso que lles quedaba pendente a éstes últimos, os pontareanos cederon un empate co equipo de Vigo Lucena E, mentres que o Albatros D coa súa victoria por catro a cero fronte o Santiago Apóstol C empataba en puntos na cabeza da clasificación, quedando todo pendente do resultado da décima rolda onde se enfrontarían as dúas formacións.

          Finalmente, Albatros D facíase merecedor do Campionato Ligueiro, ó ve ncer o seu máis directo rival por un contundente catro a cero. Na derradeira rolda ambos equipos firmaron sendos empates polo que, por segunda vez na súa historia o Club de Xadrez Albatros conseguía o Título de Campión de Liga na Cuarta División Galega de Xadrez. (O Club xa se fixo co Título de Liga na súa primeira edición no ano 2005).

          Sen embargo, o papel dos nosos rapaces non ía quedar aí, xa que nunha sorprendente e positiva segunda xornada os máis cativos, o equipo Albatros E, alcanzou a terceira praza da clasificación, nunha apertada loita ca Escola de Bouzas B, redondeando unha xornada histórica para o Club de Xadrez Albatros. Finalmente, e pendente de confirmación oficial dos resultados a través da Federación Galega de Xadrez, a clasificación quedou como sigue:

 

Club Xadrez Albatros D17+1835     puntos
Santiago Apóstol B15+1631     puntos
Club Xadrez Albatros E9+1524     puntos
Escola de Bouzas B11+1223     puntos
Lucena E6,5+1521,5  puntos
Escola de Bouzas A12+820     puntos
Laroca-Nigrán Júnior9+1019     puntos
Lucena F7,5+1017,5  puntos
Escola de Bouzas C3+710     puntos
10ºXadrez Fleming5+4,5  9,5  puntos
11ºSantiago Apóstol C 5+4,5  9,5  puntos

       

  

  

  

  

  

          O vindeiro sábado 9 de Febreiro, nas instalacións do Club de Xadrez Dr. Fleming de Vigo, proclamándose ó vencedor da categoría tras oficialización, por parte da Federación, de tódalas actas das roldas disputadas. Cun pequeno torneo de celebración, entregaranse as medallas conmemorativas, e os trofeos ós tres primeiros equipos clasificados.

           O Club de Xadrez Albatros, e a Escola de Xadrez Albatros quere dar a máis sentida felicitación tódolos compoñentes dos equipos D e E, e o resto de alumnos da Escola, así coma a pais e familiares que acompañan os xogadores en cada evento competitivo. Dende o Equipo Docente da Escola de Xadrez Albatros queremos por de manifesto o orgullo que sentimos por ter unha canteira de rapaces tan ilusionados e competitivos no xogo do Xadrez, que fai que a labor do Club na formación de novos xogadores sexa unha satisfacción e unha realidade ano tras ano.

 

Máis información:

  • www.fegaxa.com.
  • Album de fotos das dúas xornadas aqui
Comentarios
Añadir nuevo Buscar
Escribir comentario
Nombre:
Email:
 
Website:
Título:
Código UBB:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch:
:(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s
:!::?::idea::arrow:
 

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

Modificado o ( Venres, 08 Febreiro 2008 22:16 )