Escola Xadrez
Historia
Artículos
Buscador
| Comezo da Liga Galega de Xadrez 2008 |
|
|
|
| Escrito por Daniel Lomba Alonso | |||||||
| Venres, 11 Xaneiro 2008 11:21 | |||||||
|
Neste mes de Xaneiro darán comezo as competicións de liga da O Club de Xadrez Albatros contará nesta tempada con cinco equipos, que disputarán o Campionato en tres categorías diferentes. O local de xogo troca de situación, e disputaremo-las partidas, nas instacións do Antiguo Colexio Rodríguez Sinde. O Xadrez Albatros A, está encadrado no Grupo D da Segunda División Galega, comezará a competición viaxando a Ourense para enfrontarse co Xadrez Ourense Xuvenil o vindeiro 12 de xaneiro, ademáis deste, terá coma rivais o Fontecarmoa McDonalds, Tempu-Alekhine B, Helios-Bembrive, Xadrez Loureiro A, E.P.X Bouzas A, Universitario Ourense A, Fischer C, Liceo Ourense B, Mosefesa & The Wailers, Peña Recreativa Pera, Xadrez Altamira e Xadrez Teis Amesal A. Por outra banda, na Terceira Categoría, contamos con dous equipos, o Xadrez Albatros B, que quedou encadrado no Grupo J, cos seguintes rivais: Lucena B, Alekhine-Tempu C, Helios-Bembrive B, Villa de Bouzas A e C, Laroca Nigrán B, ONCE Vigo, Terra de Condes, Lucena D. E o Xadrez Albatros C, neste caso no Grupo K, e cos seguintes rivais; Xadrez Ponteareas B, Laroca Nigrán C, CEMAR, Lucena A e C, Santiago Apóstol A, Teis Amesal B, Laroca Nigrán D e Villa de Bouzas B. Ámbolos conxuntos iniciarán o Campionato o 12 de xaneiro, no caso do Xadrez Albatros B viaxando a Vigo para enfrontarse ó Alekhine-Tempu C, e o Xadrez Albatros C, recibindo o Teis-Amesal B, na nova sede de competicións ubicada nas instalacións do Antigo Colexio Rodríguez Sinde. Finalmente, o vindeiro sábado 19 de Xaneiro nas instalacións do Recreo Artístico Guardés, no local das clases, a partir das 16:30h. terá lugar a celebración da primeira Xornada da liga de 4ª División. Este ano a competición troca de sistema, disputándose as cinco primeiras xornadas no mesmo día, e as cinco seguintes o sábado seguinte. Da mesma maneira que a Federación Galega de Xadrez, concedeunos a organización desta primeira Xornada a súa continuación terá lugar o día 26 de Xaneiro nas instalacións da AA.VV Dr. Fleming, no local de xogo que posúen na Av. de Zamora 80, Baixo (Vigo). Nesta categoría contamos co Xadrez Albatros D e Xadrez Albatros E, incluídos no Grupo B, xunto con Xadrez Fleming, Escola de Bouzas A, B e C, Lucena E e F, Laroca-Nigrán Junior, e Santiago Apóstol C e B. Este ano o Club presenta máis de corenta xogadore Os equipos que disputan a competición da terceira m Para o Albatros C, este ano suporá unha oportuni Por último, temos os nosos pupilos máis novos, aínda que algúns xa van acumulando unha experiencia considerable, os Albatros D e E, disputarán na Cuarta Categoría unha edición remodelada do Campionato. Aínda que o primeiro ano da edición desta categoría o Club de Xadrez Albatros proclamouse campión, no ano 2005, o obxectivo desta categoría e a formación de xogadores, e darlles a oportunidades de competir e compartir o xogo con outros rapaces doutras Escolas e Clubs. Por iso, aínda que o resultado ten a súa importancia, o que prima nestas formacións e que os rapaces disputen o maior número de partidas posibles, e aprendan, mentres compiten. Xa para rematar, desexar a tódolos membros do Club e da Escola, que disfruten das súas respectivas competicións, e que valoren o despliegue que fai o Club para que todo isto se poida levar a cabo. O final da tempada faremos as valoracións pertinentes, agardando que todos nos atopemos moi satisfeitos cos resultados, competitivos e persoais.
Máis información:
Powered by !JoomlaComment 3.26
3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."
|
|||||||
| Modificado o ( Venres, 11 Xaneiro 2008 16:24 ) |








