Benvido/a a Xadrez Albatros, Escola de Xadrez
Taller de Visualización
AdestramentoPsicolóxico - Adestramento Psicolóxico
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Domingo, 09 Novembro 2008 13:05

A “Visualización” ou “Práctica imaxinada” é unha das técnicas máis recurrentes no aprendizaxe no deporte e no adestramento psicolóxico en xeral.

 

              Neste caso, e dentro do “Programa de Potenciación da Memoria”, que implantaremos este ano na dinámica de traballo da Escola, incorporamos previamente un “Taller de Aprendizaxe en Técnicas en Visualización”, que axuden ós rapaces no aprendizaxe e desenvolvemento dos seus recursos tácticos e técnicos, e no recoñecemento de posicións xa traballadas con anterioridade. 
Ler máis...
 
Viswanathan Anand, Campión do Mundo de Xadrez
Novas - Últimas
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Xoves, 30 Outubro 2008 00:00

          Viswanathan Anand, revalidou o seu título de Campión Mundial de Xadrez, tras vencer no seu enfrontamento directo con Alexander Krammik, por 6,5 a 4,5, celebrado na localidade alemana de Bonn. 

 

 

Trala victoria neste enfrontamento, ademáis de revalida-lo título conquerido en México (2007), Anand unifica de modo definitivo o Título de Campión do Mundo Xadrez Clásico, nas súas diferentes versións competitivas e asociacións de xogadores.

Ler máis...
 
Curso de Iniciación en Xadrez para Adultos
Novas Escola - Novas Escola
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Sábado, 25 Outubro 2008 00:00

          A Escola de Xadrez Albatros ven de inaugurar a súa sección de Adultos. Hoxe sábado día 25, comezou o “Curso de Iniciación en Xadrez para Adultos”, orientada para persoas maiores de dezaoito anos, e que desexan achegarse o xogo dende as primeiras nocións.  

 

          Nesta primeira sesión, observouse un gran entusiasmo dentro dos participantes que compartiron o Local de Clases cos rapaces da Escola. Unha vez máis lembramos que a matrícula do Curso está aberta ó longo do ano a posibles incorporacións, e que non é necesario pertencer o Club de Xadrez Albatros, só ter gañas de aprender e de compartir. As clases desenvolveranse en horario de 12:00h a 13:00h., no salón do ático da Sociedade Recreo Artístico Guardés, na Rúa Puerto Rico, a entrada da Guarda.

Ler máis...
 
IV Xornadas EPSIDE, “A Roda que fai move-los equipos”
AdestramentoPsicolóxico - Adestramento Psicolóxico
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Domingo, 12 Outubro 2008 15:46

           A Asociación Galega de Especialistas na Psicoloxía do Deporte e da Actividade Física, ven de celebrar as súas cuartas Xornadas, no Centro Sociocultural Don Bosco, en Santiago de Compostela, os pasados 10 e 11 de Outubro. 

          A través de dous días de charlas, coloquios e ponencias, este grupo de Psicólogos Deportivos, así como os adestradores e demais participantes nas xornadas compartiron o seu coñecemento aplicado en distintos ámbitos deportivos, contextos de traballo e casos particulares da dinámica de funcionamento no ámbito deportivo, tanto de base como profesional. 
Ler máis...
 
David Lariño, Campión de España
Novas - Últimas
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Martes, 07 Outubro 2008 07:40

          O xogador galego, David Lariño (MI, 2426) proclamouse o pasado domingo día 4 de Outubro, en Ceuta, novo Campión de España Absoluto, con tan só 19 anos.    

    

              

           Derrotou na final o representante da Federación Valenciana Julen Arizmendi por 3,5 – 2,5, coa necesidade dúas roldas de desempate. (foto de www.feda.org).
Ler máis...
 
Inauguración do Curso 2008/09
Novas Escola - Novas Escola
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Luns, 06 Outubro 2008 00:00

          O pasado sábado día 4 escomezamos de maneira oficial a novena edición do Curso de Inciación e Perfeccionamento en Xadrez que o Club ACD Albatros, a través da Escola de Xadrez Albatros, desenvolverá o longo deste Curso Académico 2008/2009.

 

 

           Un ano máis agradecemos  a tódolos pais que un ano máis depositan a confianza na Escola, e xa van nove, e aqueles que son novos nela dámolle-la benvida, e agardamos que queden satistafeitos co noso traballo. Tamén somos conscientes de que ó longo do ano iranse incorporando novos nenos, polo que lembramos que o Curso está aberto a novas incorporacións, que podedes formalizar, no Local de xogo tódolos sábados pola mañá de 10:00h a 13:00h. Tamén queremos sinalar que finalmente a "Escola de Adultos" dará comezado o vindeiro sábado 25, xa que se deu formado un número de participantes axeitado, polo que se calquera pai ou persoa interesada, aínda que non teña relación co Club ou a Escola, poderá incorporarse. Nun inicio a Escola de Adultos parte dun nivel totalmente inicial, partindo das reglas elementais, para aprender o xogo.

Benvidos  a todos, e recibide un cordial saúdo do Equipo Pedagóxico da Escola de Xadrez Albatros.

Ler máis...
 
IV Xornadas EPSIDE 2008
AdestramentoPsicolóxico - Adestramento Psicolóxico
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Luns, 29 Setembro 2008 14:14

          Os vindeiros venres día 10, e sábado día 11 de Outubro, celebraráse nas instalacións do "Centro Don Bosco” en Santiago de Compostela a cuarta edición das Xornadas da Asociación Galega de Especialistas en Psicoloxía do Deporte e da Actividade Física (EPSIDE). 

 

         

          Nesta edición o título das Xornadas é "Adestrando deportiva-mente:Aportacións prácticas da Psicoloxía do Deporte". Os membros de EPSIDE queren facer un chamamento a todas aquelas persoas involucradas no mundo do deporte en xeral, ou ben, interesadas polos distintos campos do traballo psicolóxico, a que se acheguen ás Xornadas e participen cun espíritu activo e colaborador, xa que como ven sendo norma neste tipo de xuntanzas, a idea fundamental é compartir experiencias e enriquecer a tódolos participantes en coñecemento aplicado, e quen sabe, se poden xurdir proxectos de traballo ou iniciativas conxuntas de cara o futuro. Daquela, tódalas persoas que teñan algún tipo de inquedanza en calquera aspecto, e desexen plantexar as súas experiencias ou ter acceso as ponencias e os coloquios, teñen as portas abertas para participar, sen ningún outro requisito máis alá da inscrición.

Ler máis...
 
Aberta a Matrícula do Curso de Iniciación e Perfeccionamento en Xadrez do Curso 2008-09.
Novas Escola - Novas Escola
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Mércores, 03 Setembro 2008 16:03

 

             A Escola de Xadrez de Albatros quere poñer en coñecemento de todos peonciñoaqueles interesados en participar na próxima edición do noso Curso de Perfeccionamento e Aprendizaxe de Xadrez que a partires do día 2 de Setembro abriremos o prazo de inscrición.          

          As clases darán comezo a partir do día  20 de Setembro, (ás 11:00h) e terán lugar nas instalacións da Sociedade Recreo Artístico Guardés, que un ano máis cédenos amablemente, e que dende aquí mostrámoslle o noso agradecemento público. Nestas primeiras sesións realizaremos unha serie de actividades para que os rapaces novos tomen contacto co xogo e coa dinámica das clases, e compartan cos antigos alumnos diferentes facetas dentro do xadrez. Ademais aproveitaremos para confeccionar os distintos grupos segundo o nivel dos participantes, para que a partires do 4 de Outubro dar comezo oficial ó Curso 2008-09.            

          Unha das novidades que presentaremos este ano vai ser a “Escola de Adultos”, polo que se hai algún pai, nai, ou persoa adulta interesada en aprender ou en lembrar o xogo, ou simplemente, que lle apeteza botar unhas partidas e compartir o tempo, tamén se pode inscribir. Daquela, dependendo da cantidade de xente que se reúna e dos intereses comúns planificaremos a dinámica de funcionamento ó longo do Curso. 

         Todos aqueles rapaces comprendidos entre os 6 e os 17 anos, e os adultos interesados, poderán anotarse a partir do 2 de Setembro na sede do Club na Cafetería Albatros (Tlf: 986 611 121), ou ben poñéndose en contacto a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo    á atención de Daniel Lomba Alonso (Director da Escola de Xadrez Albatros.)

 

 
Ribadavia. Festa da Istoria 2008
Artigos sobre Xadrez - Artículos
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Domingo, 31 Agosto 2008 00:00

                    Un ano máis acudimos a Festa da Istoria onde se celebra unha interesante partida de Xadrez, onde os protagonistas son os rapaces que representan as diferentes pezas do xogo.  

                    Dentro do Castelo de Ribadavia, e a pesares das inclemencias do tempo que obrigaron a suspender a partida alomenos nunha ocasión, fomos testigos do entusiamo e a ilusión que esperta nos nenos este tipo de actividades.

Ler máis...
 
Migración da páxina web do Club
Novas - Últimas
Escrito por Avelino Domínguez   
Domingo, 31 Agosto 2008 07:57

Unha breve nova para dicir que migramos a páxina web do Club Albatros dende a versión do xestor de contidos Joomla 1.0.15 ata a versión 1.5.6. A versión antiga pode verse no ligazón situado na barra superior. De momento non está previsto subilas fotos que están na versión antiga, posto que estamos decidindo que facer con elas. O mellor as seguimos subindo pero na página antiga.

Disculpade as molestias se encontrades algún erro.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 9