Despedida dos Profesores
Onte, sábado día dezaoito de xullo o Club de Xadrez Albatros despediu tras unha emotiva cea ós tres mestres que crearon a escola de Xadrez e que desenvolveron durante mais de nove anos as clases deste deporte. Deporte onde suplían con vontade e esforzo ó pequeno aporte económico que tiñan. Penso que a dedicación ós nenos e a satisfacción de velos progresar e o que fixo tan longa segundo eles, e tan corta segundo nos os pais a súa estancia con nós.
Dende o Club de Xadrez e tamén de todos nós GRACIAS A:
|
DANI por ser un coordinador excelente |
AVELINO por facer mellorar ós nenos nas técnicas deste deporte. |
RAFA polo esforzo e agarimo que transmitías |
Dito acontecemento foi realizado no restaurante es Brasas (San Miguel de Tabagón), coa axuda inestimable de dúas nais que con moito esforzo e sacrificio se fixeron cargo de tan tedioso traballo ó coordinar a tódolos pais para evitar que algún fora esquecido, pero non foi así, e case todos asistiron con seus fillos á cea sen apenas faltar algún, e os poucos que non asistiron foi por mor de desprazamentos ou vacacións.
|
|
|
|
¡GRACIAS FINA e RITA!
A tarta de despedida foi unha obra de pastelería que aparte do seu éxito entre os comensais foi un taboleiro de xadrez feito con todo detalle e fermosos decorados que a facían única .
¡GRACIAS ROGELIO!
|
|
|
|
Dende este pequeno artigo só pretendemos agradecer o que fixeron durante tanto tempo e que nós con agarimo o manifestamos cun pequeno detalle, que é unha cea e moita admiración ó traballo ben feito.
A vos os tres: Dani, Rafa e Avelino gracias e ata logo, porque as portas sempre estarán abertas e non queremos un ata nunca; como dixo Fernando vir só os sábados.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Unha aperta e ata sempre por todos e cada un dos asistentes.
Miguel Reboredo.
| < Anterior | Seguinte > |
|---|
Modificado o ( Mércores, 22 Xullo 2009 17:03 )




