Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

Hoxe en día un dos programas máis utilizados pola comunidade axedrecístic Logo Albatros a do mundo chámase Fritz, da empresa alemana Chessbase. É un programa que permite xogar ó xadrez contra un rival moi forte, o propio Fritz, pero o que nos interesa e do que vamos a falar neste artigo é sobre a posibilidade de analizar unha partida que tamén presenta este programa. Collendo as túas propias partidas, ou outras xogadas por outros xogadores Fritz permite avaliar moi axeitadamente unha posición e dicirnos que está ben ou mal xogado en cada movemento.

Primeiro debemos entrar no programa Fritz. Para a realización deste artigo usouse como referencia a versión 9.0 do programa Fritz. Nada máis entrar veremos algo como isto:

inicio fritz

Nesta posición inicial podemos directamente xogar unha partida facendo un movemento con brancas ou ben pulsando no botón redondo co fondo amarelo e unha exclamación que forza o programa a facer un movemento. Se o que queremos é ir ver unha partida xogada por nós directamente, ver nos mesmos directamente sen analizar, deberemos facer clic no botón que ten un microscopio no seu debuxo chamado “Fritz estudia la posición…”, arriba á dereita.

Para analizar unha posición calquera sempre debemos cargar primeiro un módulo de análise. ¿Que é un módulo de análise? É un programa dentro doutro programa que permite o análise da posición. Por defecto para este artigo elexiuse o módulo de análise do propio Fritz 9, de aí que na foto vexase á dereita de todo e abaixo Fritz 9, ON.

Para analizar unha partida debemos seguir estes pasos:

  1. Ir a base de datos do programa, para iso pulsar na tecla F12.

base de datos fritz

2)    Para ter todo máis ordeado e organizado primeiro deberemos crear unha base de datos para meter dentro as nosas partidas. Unha base de datos é como una caixa onde meteremos tódalas partidas que xogamos. Para crear a base de datos clicar no botón marcado coa frecha vermella.

base de datos botón

 

3)      Darlle un nome a nova base de datos, por exemplo, partidas campeonato, ou o que ti vexas máis convinte.

partidas base

 

4)   Unha vez creada a base de datos, na carpeta que elixamos dentro do disco duro do ordenador volvemos ó programa Fritz, facendo clic de novo en F12.

5)  Agora é o momento de coller a plantilla onde anotaches tódolos movementos da partida que xogaste e metes toda a partida usando o rato. Se non te deixa Fritz meter as xogadas posto que el xoga logo de introducir ti un movemento, lémbrate que tes que facer clic no botón que ten o dibuxo dun microscopio.

partida

 

6)    Xa está a nosa partida metida en Fritz, agora so queda analizala. Para iso facer clic en HERRAMIENTAS e logo ANALISIS e logo ANALISIS COMPLETO:

analisis completo

 

7)     Unha vez aquí sairanos o seguinte. Podedes elixir as mesmas opcións que teño eu, que son as máis habituais.

analisis fritz

Nota: Como Base de datos de referencia, podemos usar a propia base de datos que ben instalada con Fritz 9. Facer clic nese botón e logo dicirlle a Fritz onde se atopa esa gran base de datos de partidas.

8)    Unha vez que facedes clic en OK, Fritz comezará a analiza-la partida. Dependendo do valor posto en TIEMPO e UMBRAL, tardará máis ou menos.

analisis final

9) "Voilá"… a partida analizada por Fritz gardarase na base de datos que creamos ó comezo deste manual e poderémola ver as veces que queiramos coas sabias palabras de Fritz de por medio.

Modificado o ( Luns, 23 Xullo 2007 10:43 )