Escola Xadrez
Historia
Artículos
Buscador
| "Campións do Mundo: Jose Raúl Capablanca" |
|
|
|
| Escrito por Daniel Lomba Alonso | |||||||||
| Sábado, 21 Xuño 2008 02:00 | |||||||||
|
O Sábado 21 realizamos a derradeira entrega da serie “Campións do Mundo”. Nesta ocasión, e para pecha-la edición deste Curso Escolar o elixido foi José Raúl Capablanca. Este xogador, como posuidor do Campionato do Mundo de Xadrez, xa é un referente dentro do xogo, sen embargo, o que fai especial a Capablanca é que dentro da elite do xadrez mundial foi un pioneiro tanto nos apectos técnicos do xogo coma dos tácticos. Por iso non é estraño ver en partidas de Grandes Campións coma Fischer ou Kasparov, aspectos do xogo deste Grande Mestre. Documento en pdf "José Raúl Capablanca (infantiles e cadetes)". Documento en pdf "José Raúl Capablanca (benxamíns e alevíns) ". Como xa indicamos rematámo-la serie deste ano protagonizada por Kasparov, Fischer, Anand, Krammik, Karpov, Alekhine, e o propio Capablanca. Eliximos os xogadores por diferentes motivos, aínda que o fundamental, era destacar por unha banda os aspectos tácticos a traballar na Escola, e por outra, reforzar o traballo de Adestramento Psicolóxico a través da vida e das verbas deles mesmos. Sabemos que quedan máis experiencias e valores por sinalar por parte doutros Grandes Campións, e así o faremos no Curso seguinte, pero o Equipo Pedagóxico da Escola, quedamos bastante satisfeitos cos resultados e o impacto do material no alumnado. Ademais do coñecemento histórico do xogo e dos seus protagonistas por parte dos nosos rapaces, a elaboración e distribución dun material transversal á instrucción axedrecística propiamente dita, axudounos a diversificar a ensinanza, e serviunos de vía de comunicación dunha serie de aspectos difíciles de transmitir e de espertar interés nos alumnos, pero que consideramos de vital importancia dentro dunha formación global nun xogador de xadrez. Tamén nos encheu de ledicia, que outros monitores e instructores se mostrasen interesados no material, e non só do ámbito do xadrez se non tamén doutros deportes. Por suposto, sinalar que estamos abertos a compartir todo o material, e porque non, a crear materiais conxuntos ou outras propostas dentro da ensinanza do xogo. Dentro da páxina do Club, tedes a total liberdade para obter todos estes materiais, e todos aqueles que se fagan no futuro, e que xa estamos a traballar neles. Finalmente, só me queda agradecer a todos aqueles que se mostraron interesados na iniciativa, e so engadir, que seguiremos a traballar por completar día a día a formación dos nosos rapaces.
Máis fotos:
Powered by !JoomlaComment 3.26
3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."
|
|||||||||
| Modificado o ( Luns, 22 Setembro 2008 17:42 ) |




