|
"Campións do Mundo: Anatoli Karpov" |
|
|
|
|
Escrito por Daniel Lomba Alonso
|
|
Martes, 08 Abril 2008 01:00 |
|
Anatoli Karpov é den dúbida un dos Grandes e Históricos do xogo, os seus enfrontamentos polo Campionato Mundial contra Viktor Korchnoi, e os xa míticos e mediáticos contra Garry Kasparov, marcaron toda unha época dentro do Xadrez Mundial. Unha mágoa que o Grande Bobby non se enfrontase contra él. Con esta edición, xa levamos cinco exemplares de Grandes Campións do Mundo do Xadrez, e aínda nos quedan abril e maio. Moitas grazas a todos aqueles que dende dentro do Club valoran e aprecian este tipo de inciativas, e por suposto, a todos aqueles que doutros Clubs ou doutros deportes e institucións se interesaron polo proxecto. Estamos para compartir coñecemento e iniciativas, e por supostos, abertos a calquera tipo de colaboración. Para calquera suxerencia ou solicitude destes materiais ou doutros podedes contactar con nós en
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
. Cando rematemos con estes trípticos faremos unha recopilación de todos eles nun artículo especial onde se valorará o traballo empredido e os resultados se acadados mediante esta iniciativa. Documento en pdf "Anatoly Karpov (infantís e cadetes) ". Documento en pdf "Anatoly Karpov (benxamíns e alevíns) ".
|
|
Modificado o ( Luns, 22 Setembro 2008 17:41 )
|