Escola Xadrez
Historia
Artículos
Buscador
| EPSIDE no XI Congreso Nacional de Psicoloxía do Deporte. Sevilla 2008 |
|
|
|
| Escrito por Daniel Lomba Alonso | |||||||||
| Xoves, 13 Marzo 2008 17:42 | |||||||||
Do 5 ó 8 de Marzo tivo lugar na cidade andaluza de Sevilla a celebración do XI Congreso Nacional, IX Andaluz, e III Iberoamericano de Psicoloxía do Deporte e da actividade física.A Asociación de Especialistas en Psicoloxía do Deporte e da Actividade Física EPSIDE, presentou un traballo conxunto da súa traxectoria dende o ano da súa fundación no 2001. Nel faise referencia á importancia do asociacionismo e da cooperación dentro da dinámica de funcionamento das asociacións en detrimento do uso instrumental das mesmas por parte dos seus membros, o que aboca a ditas agrupacións a súa falla de utilidade práctica e ostracismo funcional. Na comunicación presentada no Congreso Nacional fíxose referencia as Xornadas Epside que veñen celebrándose dende hai tres anos en Santiago de Compostela, e onde, Daniel Lomba (o que subscribe) presentou en varias ocasións o traballo psicolóxico aplicado ó aprendizaxe no Xadrez que se ven desenvolvendo na Escola de Xadrez Albatros, e tamén se remarcaron as colaboracións dos membros de Epside con distintos organismos e Clubes, entre eles a ACD Albatros de A Guarda. (Mostra dunha diapositiva da presentación Power Point da Comunicación)
Outros membros de Epside, todos eles Psicólogos Deportivos, presentaron diferentes Comunicacións onde reflectiron parte da labor que cada un dos seus membros veñen de desenvolver a nivel individual, e as colaboracións entre membros, no traballo psicolóxico orientado a práctica deportiva ou da actividade física. Tedes máis información de EPSIDE e a súa labor en www.epside.org A Continuación vos presentamos as comunicacións e os membros de EPSIDE que as espuxeron: Daniel Lomba Alonso espuxo a Comunicación: EPSIDE: Una Asociación Para Compartir Pozo Calvo, Amparo; García-Quinteiro, Eva M.; Lomba Alonso, Daniel; Lois Río, Graciela; González Oya, Jacinto; Rivas Casanova, Cristina; González Fernández, Mariana; Figueroa, Julio C.
Eva María García Quinteiro espuxo a Comunicación: Estudio Preliminar De Las Percepciones De Bailarines Acerca De Los Factores Evaluados Por Jueces De Baile Deportivo En Competición. García-Quinteiro, E. M, Lois Río, G. y Abreu Fernández, M.
Graciela Lois Río espuxo a Comunicación: Actividad Física Y Práctica Deportiva En Entornos Naturales: Un Estudio En El Área Municipal Del Ayuntamiento De Vigo. García-Quinteiro, E. M, Lois Río, G. y García Quinteiro, F. J.
Amparo Pozo Blanco espuxo a Comunicación: Duración Del Sueño En Jóvenes Deportistas Amparo Pozo Calvo.
Powered by !JoomlaComment 3.26
3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."
|
|||||||||
| Modificado o ( Venres, 14 Marzo 2008 20:50 ) |





