Escola Xadrez
Historia
Artículos
Buscador
| Xornadas EPSIDE 2007 |
|
|
|
| Escrito por Daniel Lomba Alonso | |||||||||
| Xoves, 27 Setembro 2007 18:31 | |||||||||
|
Os vindeiros venres día 26, e sábado día As Xornadas están dirixidas a profesionais do Sector, así coma a deportistas, adestradores, monitores, familiares de deportistas, directivos de club e federativos, e todo o mundo do deporte e da actividade física en xeral, e tamén invítase a participar a estudiantes de psicoloxía ou de INEF. De tódalas maneiras, EPSIDE é unha asociación aberta, e as súas Xornadas son un escaparate do traballo psicolóxico en moi distintos ámbitos do deporte, dende o rendemento na élite deportiva, ata o traballo coas categorías inferiores e de inciación, e o entorno deportivo xeral, recollendo unha ampla gama de aspectos potenciais, máis alá das problemáticas habituais dentro do contexto deportivo actual. Daquela, todas as persoas que teña algún tipo de inquedanza en calquera aspecto, e desexen plantexar as súas experiencias ou ter acceso as ponencias e os coloquios, teñen as portas abertas para participar, sen ningún outro requisito máis alá da inscrición. O Club de Xadrez Albatros ven de participar nas dúas edicións previas con traballos relacionados co Xadrez e o Adestramento Psicolóxico nas categorías inferiores do Club, dentro das labores de ensinanza da Escola de Xadrez Albatros. Daniel Lomba, (o que suscribe), participará este ano representando unha vez máis a ACD Albatros de A Guarda, aínda que a súa ponencia versará sobre o Adestramento psicolóxico en pilotos de Quads. Acorde coa apertura temática do evento, faránse referencias o traballo levado a cabo na Escola. Adxuntamos tríptico informativo sobre as Xornadas --> tríptico . Podedes consultar máis aspectos sobre EPSIDE na páxina web http://usuarios.lycos.es/EPSIDE
Powered by !JoomlaComment 3.26
3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."
|
|||||||||
| LAST_UPDATED2 |





27 de Outubro, celebraráse nas instalacións do "Centro Cultural Fontiñas" en Santiago de Compostela a terceira edición das Xornadas da Asociación Galega de Especialistas en Psicoloxía do Deporte e da Actividade Física (EPSIDE).