XIII Torneo de xadrez “CONCELLO DA GUARDA”  

XIIITorneo (60) XIIITorneo (60)  

Un total de 230 xogadores participaron nesta XIII edición. Non vou negar o seu rotundo éxito, xa que A Guarda está situada no recanto de Galicia, polo que para desprazarse ata aló cómpre tela como destino, de aí a importancia dese número de participantes .
Polo demais, o torneo comezou unha hora e cuarto máis tarde do previsto, debido ás 24 altas a maiores que tivemos, ademais duns problemas informáticos causados po la impresora. Logo de solucionados, o torneo transcorreu con toda a normalidade, e teño que agradecerlles a todos os participantes e acompañantes a súa paciencia. Beizón pola súa actitude colaboradoa e comprensiva. A rolda perdida pola mañá recuperouse pola tarde, e cumpriuse o horario correctamente.
Na entrega de premios estiveron o vicepresidente da Federación Galega de Xadrez, o alcalde do Concello, os concelleiros de Cultura e Deportes e mais o presidente do club organizador.

 


 Clasificacións.   (DESCARGAR FOTOS E CLASIFICACIÓNS, CON MOITA CALIDADE)

 Sub-8 Sub-10  Sub-12  Sub-14  Adultos  Galería de Imaxenes