logo

Nadal96 1 Nadal96 1

Verano97 1 Verano97 1 ALBATROS ALBATROS Verano97 3 Verano97 3 Verano97 2 Verano97 2 ALUMNOS ALUMNOS

  • No ano 1996 fúndase o Club de Xadrez Albatros, daquela dez socios constituían a base de mesmo. A idea inicial partiu do xogador Vladimir Stoujinski (presidente), que emigrou dende Rusia ata Galicia por motivos laborais. Outros membros fundadores foron Manuel Salcidos Sobrino (vicepresidente), Juan Carlos Vicente González (secretario), Rafael Alonso Gómez (tesorero), Nair Rodríguez Martínez e Paulino Rodríguez González (vocales).
    • Neste ano 1996 se organizou en varios campeonatos, Torneo Semana Santa, Liga Interna do Club, Torneo da Festa do Monte por equipos, I Torneo Infantil e I Torneo de Nadal, ademáis de participar no Torneo de Liga Federación, acadando a cuarta posición de catorce equipos pertencentes a comarca de Vigo.
    • A medida que transcurren os anos, o Club vai tranformándose e crecendo na súa cantidade de membros, así como nas diversas actividades que se desenvolverán o longo da súa historia.
    • Dende o ano 1997 o Club participa na Liga Galega federada por equipos, acadando tres ascenso a segunda categoría galega regional, na que se mantén nestes momentos co nome de Albatros "A".
    • No ano 1998 acordase nomear a Vladimir Soujinski como socio de honra da Asociación Cultural Deportiva Albatros, asemesmo elexiuse unha nova xunta directiva, na que Juan Carlos Vicente Urbano convértese en presidente, Manuel Salcidos Sobrino como vicepresidente, Miguel Ángel Reboredo Otero como Secretario, Nair Rodríguez Martínez como tesorera e como vocais Juan José Aldea Vicente, Miguel A. Rodríguez Velasco e Gerardo John.
    • No ano 2000 créase a Escola de Xadrez Albatros, despois de varios intentos previos que non acadaron continuidade no tempo. No seu comezo Daniel Lomba Alonso desenvolve a labor de ensinanza, a partir dun pequeno grupo de rapaces onde se promove o aprendizaxe do xogo e a participación en Torneos infantis, e constitúese un equipo federado que participará na Liga de Clubs Galegos Federado na Terceira División Regional, e posteriormente en Cuarta División Rexional.
    • Na tempada 2003-04, debido o incremento de xogadores incorpórase a Rafael Alonso Gómez como profesor, e do mesmo xeito Avelino Domínguez González dende a tempada 2005-06, sendo ambos xogadores do Club.
    • O longo da historia da Escola os rapaces participan ano tras ano en diferentes Torneos.
    • No 2001 o Club alcanza a súa maioría de idade Celebrando e Organizando o I Torneo Concello de A Guarda, daquela participaron xogadores de primeiro nivel competitivo como Alexsa Strikovic (GM), Daniel Rivera (MI), Roi Reinaldo (MI), que gañaría o Torneo tralo desempate con Strikovic.
    • A partir desta experiencia o Club organiza tódolos anos a edición do Torneo concello de A Guarda, que ano tras ano aumenta a súa participación, acadando na edición do ano 2006 o centenar de participantes.
    • Nese mesmo ano, propónse por parte da comisión de festas a realización dun Torneo o aire libre, co motivo da celebración das Festas do Monte no mes de Agosto, as festas máis tradicionais da localidade. Este torneo tamén tivo continuidade no tempo, e igualmente a súa participación aumenta cos anos.
    • No ano 2003 o Club organiza o I Torneo Nocturno de Xadrez “Café Trastévere”, o 22 de Agosto do 2003, a victoria alcanzouse sobre as 3 da mañá polo xogador do Club Avelino Domínguez González. Nese mesmo ano celébrase a segunda edición no Nadal, alcanzando a victoria Rafael Couto González, na actualidade xogador do Club Alekhine de Vigo.
      Por último, no ano 2006, nace www.xadrezalbatros.com que día a día recolle tanto noticias do Club, da Escola e do Xadrez en xeral.
      Na actualidade (14/10/06). o Club segue coa súa labor en prol da divulgación do Xadrez na comarca do Baixo Miño, organizando Torneos, disputando diferentes competicións e educando as novas xeracións.
      A todos os que algunha vez participaron desta idea así coma os que traballan hoxe en día nela, as nosas felicitacións...
    • Na actualidade o clube de xadrez, ten máis de 40 alumnos na escola, os profesores son Xuso, Sergio e Miguel. 
    • Ten dous equipos na segunda división, os ALBATROS A e B.