Publicidade

Reyco Inmobiliaria

Formulario de acceso



¿Quen en liña?

Temos 41 convidados en liña

Buscador


Designed by:
SiteGround web hosting Joomla Templates
Benvido/a a Xadrez Albatros, Escola de Xadrez
Aberta a Matrícula do Curso de Iniciación e Perfeccionamento en Xadrez do Curso 2008-09.
Novas Escola - Novas Escola
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Mércores, 03 Setembro 2008 16:03

 

             A Escola de Xadrez de Albatros quere poñer en coñecemento de todos peonciñoaqueles interesados en participar na próxima edición do noso Curso de Perfeccionamento e Aprendizaxe de Xadrez que a partires do día 2 de Setembro abriremos o prazo de inscrición.          

          As clases darán comezo a partir do día  20 de Setembro, (ás 11:00h) e terán lugar nas instalacións da Sociedade Recreo Artístico Guardés, que un ano máis cédenos amablemente, e que dende aquí mostrámoslle o noso agradecemento público. Nestas primeiras sesións realizaremos unha serie de actividades para que os rapaces novos tomen contacto co xogo e coa dinámica das clases, e compartan cos antigos alumnos diferentes facetas dentro do xadrez. Ademais aproveitaremos para confeccionar os distintos grupos segundo o nivel dos participantes, para que a partires do 4 de Outubro dar comezo oficial ó Curso 2008-09.            

          Unha das novidades que presentaremos este ano vai ser a “Escola de Adultos”, polo que se hai algún pai, nai, ou persoa adulta interesada en aprender ou en lembrar o xogo, ou simplemente, que lle apeteza botar unhas partidas e compartir o tempo, tamén se pode inscribir. Daquela, dependendo da cantidade de xente que se reúna e dos intereses comúns planificaremos a dinámica de funcionamento ó longo do Curso. 

         Todos aqueles rapaces comprendidos entre os 6 e os 17 anos, e os adultos interesados, poderán anotarse a partir do 2 de Setembro na sede do Club na Cafetería Albatros (Tlf: 986 611 121), ou ben poñéndose en contacto a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo    á atención de Daniel Lomba Alonso (Director da Escola de Xadrez Albatros.)

 

 
Ribadavia. Festa da Istoria 2008
Artigos sobre Xadrez - Artículos
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Domingo, 31 Agosto 2008 00:00

                    Un ano máis acudimos a Festa da Istoria onde se celebra unha interesante partida de Xadrez, onde os protagonistas son os rapaces que representan as diferentes pezas do xogo.  

                    Dentro do Castelo de Ribadavia, e a pesares das inclemencias do tempo que obrigaron a suspender a partida alomenos nunha ocasión, fomos testigos do entusiamo e a ilusión que esperta nos nenos este tipo de actividades.

Ler máis...
 
Migración da páxina web do Club
Novas - Últimas
Escrito por Avelino Domínguez   
Domingo, 31 Agosto 2008 07:57

Unha breve nova para dicir que migramos a páxina web do Club Albatros dende a versión do xestor de contidos Joomla 1.0.15 ata a versión 1.5.6. A versión antiga pode verse no ligazón situado na barra superior. De momento non está previsto subilas fotos que están na versión antiga, posto que estamos decidindo que facer con elas. O mellor as seguimos subindo pero na página antiga.

Disculpade as molestias se encontrades algún erro.

 
Torneo Festas do Monte 2008 - Final
Torneos - Festas do Monte
Escrito por Avelino Domínguez   
Luns, 11 Agosto 2008 18:08

           O pasado sábado día 9 de Agosto disputouse a oitava edición do Torneo Festas do Monte. Nel participaron uns 60 xogadores de toda Galicia.

Festas do Monte 2008

 

           Foi unha tarde moi tranquila e agradable para xogar o xadrez e a diferencia de outros anos non fixo tanta calor. Víronse partidas moi interesantes e foi un torneo moi disputado. Unha proba do disputado que foi o torneo é que a clasificación final foi encabezada por 4 xogadores con 6 puntos cada un. O final os sistemas de desempate decidiron o gañador, que nesta edición foi Xoel Pérez Mauricio.

Ler máis...
 
Presentación do VIII Torneo de Xadrez Festas do Monte
Torneos - Festas do Monte
Escrito por Avelino Domínguez   
Sábado, 26 Xullo 2008 02:00
          O vindeiro sábado día  9 de Agosto celebraremos o VIII Torneo de Xadrez Festas do monte, organizado polo Club de Xadrez Albatros de A Guarda coa colaboración da comisión de Festas.   

Cartel 2008

          Un ano máis agardamos que moitos xogadores se acheguen a este tradicional torneo do verano en Galicia. Estades todos invitados a acudir independentemente do nivel axedrecístico. Máis información en Ler máis.
TRIPTICO E CARTEL EN FORMATO PDF

Triptico do torneo.
Ler máis...
 
Resumo dos trípticos "Campións do mundo"
AdestramentoPsicolóxico - Adestramento Psicolóxico
Escrito por Avelino Domínguez   
Domingo, 06 Xullo 2008 12:27

Como finalización da temporada por parte da Escola de Xadrez Albatros vamos a publicar un artigo onde poden descargarse tódolos ficheiros en formato pdf que se empregaron ao longo do ano, que forman parte da colección "Campións do Mundo". Estes ficheiros poden descargarse por calquera persoa que o desexe. Son de uso libre.

 tripticos final

A seguir aparece un listado ordeado por meses, dos trípticos, así como un ficheiro ao final onde podes atopar tódolos pdfs empregados para descarga única.

Ler máis...
 
Escola de Xadrez Albatros. Clausura do Curso 2007/08.
Escola de Xadrez - Escola de Xadrez
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Domingo, 29 Xuño 2008 02:00

            A Escola de Xadrez Albatros de A Guarda despediu a presente tempada o pasado sábado día 28 de Xuño, cunha pequena xuntanza e celebración dun Torneo Interno de Xadrez entre tódolos alumnos da Escola.

 Image

            Este ano superamos os corenta rapaces, é un ano máis, temos o pracer de sinalar que imos batendo o noso teito en número de alumnos en cada edición.

Ler máis...
 
"Campións do Mundo: Jose Raúl Capablanca"
AdestramentoPsicolóxico - Adestramento Psicolóxico
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Sábado, 21 Xuño 2008 02:00

          O Sábado 21 realizamos a derradeira entrega da serie “Campións do Mundo”. Nesta ocasión, e para pecha-la edición deste Curso Escolar o elixido foi José Raúl Capablanca.

capablanca tríptico

          Este xogador, como posuidor do Campionato do Mundo de Xadrez, xa é un referente dentro do xogo, sen embargo, o que fai especial a Capablanca é que dentro da elite do xadrez mundial foi un pioneiro tanto nos apectos técnicos do xogo coma dos tácticos. Por iso non é estraño ver en partidas de Grandes Campións coma Fischer ou Kasparov, aspectos do xogo deste Grande Mestre. 

Ler máis...
 
XXII Aberto Escolar de Xadrez Josefa Alonso
Novas Escola - Novas Escola
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Domingo, 15 Xuño 2008 16:32

           O pasado día 14 celebrouse nas instalacións do Colexio Josefa Alonso de Vigo o XXII Aberto Escolar de Xadrez, posiblemente a cita máis veterana do xadrez vigués.

matama 2008 albatros

          Con este motivo a Escola de Xadrez Albatros realizou a súa segunda saída escolar cun grupo de vintecatro alumnos, converténdose na expedición máis numerosa do Torneo. 

Ler máis...
 
"Campións do Mundo: Alexander Alekhine"
AdestramentoPsicolóxico - Adestramento Psicolóxico
Escrito por Daniel Lomba Alonso   
Sábado, 31 Maio 2008 02:00

          Alexander Alekhine foi un dos grandes da Historia do Xadrez. Destacou no seu xogo o desenvolvemento dunha táctica esquisita, que aínda hoxe protagoniza gran parte dos exercicios que se estudian nas Escolas.

 Image

          Este Grande Mestre tivo unha vida moi axetreada e chea de contratempos, entre outros, pasou  por dúas Guerras Mundiais, e tamén, foi de ser un heróe na Rusia Zarista, a perseguido e represaliado. Toda unha vida, que rematou na localidade de Estoril, a beira dun taboeiro de xadrez....

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 8